Nós "Na Limia NON" é unha plataforma ABERTA que nace da vontade das veciñas e veciños da Limia preocupados polas declaracións ameazantes de algúns dirixentes políticos interesados en instalar na nosa comarca unha INCINERADORA que trataría todo o lixo do sur de Galiza.
Email:
nalimianon@gmail.com
Twitter:
@nalimianon
|
O acontecido en Gudín este domingo ten unha lectura moi sinxela, o alcalde de Xinzo despreza aos veciños e veciñas de Gudín (e por defecto aos de todo o concello) non presentándose á asemblea que mandou convocar, e manda ao presidente dos comuneiros a contar milongas, co que nos queda claro, por se alguén ainda non se decatara, de cales son as intencións e as pretensións do “SEÑOR ALCALDE”, e sobre todo dos que o puxeron aí. O domingo foi o pistoletazo de saída para retomar a loita encontra das mentiras e da incineradora que nos queren impoñer.
Dende a Plataforma o alí acontecido danos ánimos para seguir traballando e poñernos as pilas para o que nos vai vir enriba. Impresionante a reacción dos veciños e das veciñas!!!
Precisamos a túa axuda!!! ASINA A PETICIÓN CONTRA A INCINERADORA NA LIMIA E ESPÁLLAA ENTRE OS TEUS COÑECIDOS!!!
Lembrades…
- La Diputación garantiza que la incineradora no estará en ningún concello limiao [La Voz de Galicia - 26/2/2011]
- El PP rechaza en la Diputación ubicar la planta de basura en Xinzo [La Región - 26/2/2011]
- El alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, restaba ayer importancia a la concentración en el Plaza Mayor alegando que su grupo de gobierno también está en contra y no permitirá la construcción de esa planta en Xinzo. [La Región - 27/2/2011]
- El PP no debatió la moción sobre la incineradora por ser «electoralista» / El Partido Popular, en la voz de su regidor, decidió no vota la urgencia de la moción al considerarlo un «tema electoralista». Antonio Pérez subrayó: «É un claro exemplo de proveito político deste tema. Xa se dixo claramente que se estaba en contra» [La Voz de Galicia - 30/3/2011]
Pois hoxe…
Los vecinos de Gudín, en Xinzo, están convocados este domingo, a partir de las 15 horas, por la asociación vecinal y los comuneros de A Touza para debatir la posibilidad de ceder terrenos en los que emplazar la planta de tratamiento de residuos del Sur de Galicia.
La Xunta, según confirmó ya en alguna ocasión el conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, condiciona el emplazamiento definitivo a una ubicación técnicamente viable y al consenso con el concello afectado.
Segundo nos informan o actual Alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, será un dos “poñentes” nesta “charla informativa”. E nós preguntámonos: se a Xunta “condiciona o emprazamento definitivo ao consenso co concello afectado” e o concello, por boca do seu alcalde, xa dixo categoricamente que “está en contra e non permitirá a construción desa planta en Xinzo”, para que perder o tempo en charlas inútiles… ou non?!?
Calquera se fia destes!!! ASINA A PETICIÓN CONTRA A INCINERADORA NA LIMIA E ESPÁLLAA ENTRE OS TEUS COÑECIDOS!!!
Como sabedes, dun tempo a esta parte prodúxose a nova da instalación dunha pranta de incineración de resíduos nalgún punto do sur da Galiza, unha especie de SOGAMA sur. Dende ese xusto momento comezouse a especular reiteradamente coa localización exacta do proxecto, usándoo coma unha arma política máis.
Como tamén sabedes, a Limia apareceu nas quinielas dende un primeiro momento. Estes feitos provocaron o nacimento de diversas plataformas antiincineración en aquelas zonas que ían saíndo nas quinielas, non só na Limia, senón tamén no Ribeiro, en Verea ou en Dozón.
Ben, recentemente apuntouse ao concello limiao de Sarreaus como un dos lugares nos que se podería intala-la incineradora, esta sospeita prodúxose pola recalificación de solo feita no concello, na zona periférica da ZEPA existía xa un lugar reservado para actividades insalubres, onde existe unha balsa de tratamento de puríns (que non é máis que unha balsa de purín), agora esa zona ampliouse a 2 millóns de metros cadrados, e unha empresa (geotec) ven de facer un estudo de resistencia xeolóxica da zona.
Para máis inri, o alcalde de Xinzo, ven de anunciar unha rolda de charlas polas parroquias do concello, na que se promocionará as bondades da incineración de resíduos e o seu aproveitamento enerxético.
O amigo Verba Ceibe remítenos esta interesante información sobre o perigo contrastado que representa unha incineradora para a saúde das persoas e a maior eficiencia dos sistemas alternativos de tratamento do lixo, que existen e xa están funcionando hoxe en Galiza.
Entresacamos uns parágrafos dos textos orixinais e nas ligazóns de abaixo podedes acceder aos artigos completos.
A organización ecoloxista Greenpeace publicaba no ano 2006 un estudo realizado en Franza nas cercanías de 16 incineradoras de aquel país:
Un estudo elaborado polo INVS francés (Institut National de Veille Sanitaire) e publicado o pasado 30 de novembro, confirma que vivir nas cercanías dunha planta incineradora de residuos aumenta o risco de desenvolver cancro.
A propósito deste informe o director de Greenpeace España valoraba así os perigos destas plantas:
“As plantas de incineración son fábricas de cancro. Por ilo deberían pecharse as que todavía existen no noso país” declarou o director de Greenpeace, Juan López de Uralde ao coñecer o informe. “Existen alternativas moito máis limpas para tratar os residuos, por tanto nada xustifica que se sigan proxectando novas plantas incineradoras”
Este estudo é do ano 2006 e, como vedes, cinco anos despois o PP de Feijóo, sempre á vangarda, segue apostando por este modelo caduco e perigoso de xestión dos residuos, por iso modificou o Plan de Xestión do bipartito, que explicitamente prohibía a incineración.
Outra noticia interesante e esclarecedora sobre o que representa o “modelo SOGAMA” polo que aposta o PP atopámola no xornal MundoGaliza:
ADEGA vén de apresentar un informe comparativo sobre a recollida selectiva en Galiza, baseándose nos datos da propia Xunta. As conclusións son reveladoras sobre a eficiencia na reciclaxe de cada sistema de tratamento: o modelo SOGAMA, baseado na incineración, e os modelos de Nostián (Consorcio das Mariñas) e Lousame (Mancomunidade do Barbanza), baseados na compostaxe da materia orgánica.
A principal conclusión é que estas 2 plantas de compostaxe Nostián (metanización) e Lousame (compostaxe aerobia) reciclaron o 32% dos residuos dos seus 472.000 habitantes. Por outra banda, os restantes 2.300.000 habitantes adscritos á maioritaria SOGAMA só reciclaron o 8% do total dos residuos recibidos. As plantas de compostaxe amosan pois, a súa maior eficiencia, xa que reciclaron un 400% máis que o modelo de incineración/vertedoiro incontrolado que practica SOGAMA.
Á vista de todos estes datos a pregunta que nos facemos é por que este interese do PP en montar outra incineradora privada en Ourense colándoa dentro do concurso eólico a dedo a unha empresa de fóra?
Fontes orixinais:
Chéganos información de fontes de toda solvencia sobre o acontecido hoxe na reunión do Consello Escolar do CEIP Carlos Casares (aka Sergio Mascareñas). En representación do Concello acudíu o Tenente de Alcalde, Daniel Blanco, que suplía a ausencia da representante titular, Yolanda Díaz, seguramente enfrascada en temas de maior enxundia no seu despacho da Rúa do Hórreo.
Hoxe mesmo o Alcalde, Antonio Pérez ‘Chavelleiro’, facíalle chegar, mediante chamada telefónica, as súas amargas queixas á Dirección do Centro pola distribución dunha nota informativa sobre a primeira convocatoria da Plataforma aos veciños o pasado 19 de febreiro. Estas queixas foron reiteradas novamente polo enviado especial, Daniel, no transcurso da citada reunión, mais dende a directiva da ANPA explicóuselle que a medida fora decidida por maioría e que os nenos simplemente actuaron como transmisores xa que a nota era para os seus pais e nais, así que de manipulación malintencionada dos cativos nada de nada.
Agardemos que o noso alcalde se dea por satisfeito con estas explicacións, aínda que moito nos tememos que non sexa así porque intuímos que para el estos tecnicismos da democracia que goberna as nosas institucións non deixan de ser unha molesta e inevitábel servidume que hai que aturar porque non queda outra.
martinho.gz@gmail.com
Quen hoxe olle os diferentes xornais que se fan eco nas súas páxinas da concentración de onte convocada pola Plataforma poderán xulgar por si mesmos e ver un exemplo clarísimo da manipulación informativa do xornal ourensán “La Región” convertido en panfleto “popular” e voceiro das mensaxes do alcalde de Xinzo. Poucas veces é tan descarada e constatábel a tersiverxación da realidade que fai este medio “informativo” claramente decantado e partidista, como nesta ocasión.
A noticia aparece así no xornal “La Voz de Galicia”:
“Alrededor de trescientas personas entre vecinos de Xinzo y de otras partes de la comarca de A Limia se concentraron en la tarde de ayer en la Praza Maior de la capital de la comarca para protestar contra la intención de la Xunta de instalar una incineradora” La Voz
Así no “Faro de Vigo”:
“Fue precisamente en la Plaza Mayor de Xinzo donde en torno a medio millar de personas se concentraron para mostrar su rechazo hacia este proyecto, convocados por la Plataforma “Na Limia Non”, además de recoger más de 800 firmas” Faro de Vigo
Mentres que na “Región” a noticia aparece “explicada” destroutro xeito:
“Un centenar de personas, entre ellas bastantes cargos orgánicos del PSOE y del BNG, se congregaron a las cinco de la tarde para dar lectura a un manifiesto en contra de ese tipo de instalaciones en la provincia y la incineración de los residuos sólidos urbanos” La Región
Misteriosamente as catrocentas persoas que contamos nós, as trescentas na valoración da Voz ou as case cincocentas do Faro vense reducidas a só 100!!! contradecindo a evidencia da propia foto que acompaña á noticia e, para rematar, resulta que esta cifra tamén estaría inzada xa que “entre ellas bastantes cargos orgánicos del PSOE y del BNG”. Digno de estudo o caso deste reporteiro da Región que non atinou a contar máis de 100 persoas mais si tivo habilidade para escanear aos presentes en busca de “cargos orgánicos”, por certo se por “bastantes” entendemos media ducia escasa entón si, eran bastantes.
Na foto de abaixo vemos á esquerda 100 veciños nunha Concentración a favor da convivencia en Amoeiro (La Región, 26-2-2011) e á dereita 100 Veciños de A Limia protestan contra a futura incineradora (La Región, 27-2-2011). Abonda, non fai falla explicar nada máis. Estamos acostumados a esta burda manipulación da realidade, no día da presentación da Plataforma coa casa da Cultura de Xinzo chea eramos 147 veciños e veciñas, uns días despois exactamente no mesmo espazo 600 persoas asistían a un acto de Feijóo e Pérez.
Fotos publicadas por “La Región”
Mais non contentos con isto o xornal manipulativo “La Región” remata a nova coas afirmacións do alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, quen “restaba ayer importancia a la concentración en el Plaza Mayor (sic) alegando que su grupo de gobierno también está en contra y no permitirá la construcción de esa planta en Xinzo. ‘O PSOE e BNG encontraron un filón e non vale darlles explicacións O que buscan é votos (sic)’, explicó el regidor”. Visto isto poderiamos facerlle unhas cantas preguntas incómodas, Sr. Chavelleiro, se tan pouca importancia temos…
- Por que recuou en cousa de 15 días pasando de estar encantado con que o proxecto fose executado no parque empresarial (La Región, 3-2-2011) a rexeitar a incineradora no seu municipio (La Región, 18-2-2011)?
- Se tan en contra está, por que non votou a favor da moción do BNG na Deputación para rexeitala? Por que non estaba onte na Praza Maior de Xinzo?
- Quen lanzou o globo sonda de que Xinzo sería unha ubicación ideal? Non será que lle viu as orellas ao lobo e, falando de buscar votos, o tiro dos ficticios 500 postos de traballo que nos pensaba vender lle saiu pola culata?
Os veciños temos algo moi claro: Feijóo, Hernández, Baltar e Chavelleiro NON SON DE FIAR, polo que a ameaza segue moi presente, polo menos mentres non digan o sitio no que pensan instalar a incineradora. Ou temos que recordarlle Sr. Feijóo, Sr. Baltar e Sr. Chavelleiro as súas promesas de ZEPA NON do ano 2009? Daquela tamén eran vostedes taxantes, se gobernaba o PP non habería ZEPA na Limia, malgoberna o PP e HAI ZEPA. Pois iso, que non lles pareza mal que valoremos en pouca cousa a súa palabra.
—
Podes enviar or teus artigos de opinión sobre temas de actualidade, reciclaxe, tratamento de residuos, incineración, políticas ambientais e calquera outro relacionado coas accións, obxectivos e finalidades da Plataforma ao noso mail nalimianon@gmail.com para ser publicados dentro desta sección.

A concentración convocada para hoxe supuxo un éxito de participación xa que uns 400 veciños e veciñas da Limia se deron cita na Praza Maior de Xinzo para amosar o seu rexeitamento diante da posibilidade e ameaza REAIS de que a Xunta do PP instale a incineradora na Limia. Membros da Coordenadora da Plataforma leron o Manifesto cos motivos polos que amosamos o noso rexeitamento a esta planta.
Ao longo de todo o día recolléronse máis de 1000 sinaturas nas mesas ubicadas na propia Praza e nas vindeiras semanas seguirase con esta campaña para, no seu momento, entregalas á Xunta como aval do rexeitamento dos veciños e veciñas da Limia.
Nun pleno por momentos tenso e logo de hora e media de debate o PP votou en contra da moción presentada polo BNG que solicitaba o rexeitamento da instalación da incineradora na comarca da Limia. No transcurso do debate o portavoz do PP afirmou rotundamente que non se instalaría nin en Xinzo nin na Limia, mais como lle dixo Xosé Manuel Fírvida, defensor da moción do BNG, non son de fiar. Fírvida tamén reprobou a actitude do noso alcalde que un día estaba encantado coa posibilidade de que viñera a incineradora e ao día seguinte non a quería ver nin en pintura, mentres este renegaba das súas propias declaracións nos medios e se remexía no seu asento.
Ao final o debate zanxouno o propio Baltar dicindo que estaría ao lado dos veciños se non querían a incineradora, mais se non se atopaba ningunha ubicación consensuada e quen tiña que decidir era a Xunta eles apoiarían esta decisión. En resumo, pese ao dito onte a ameza segue moi presente porque finalmente a moción foi rexeitada e porque Baltar non pecha a porta definitivamente á súa instalación na Limia.
A nova nos medios:

Xa podes ler, descargar e distribuir o MANIFESTO da Plataforma. Velaí resumidos os argumentos polos que nos opoñemos á incineradora de lixo, na Limia, en Ourense ou en calquera outro sitio de Galiza.
Olark Livehelp
|
|
O que se di…